Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 2012 Páx. 6196

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Hidráulica a Luis Cea Gómez.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 17 de novembro de 2011 (BOE do 29 de novembro), para a provisión da praza número 11/020 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Hidráulica, departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade, a favor de Luis Cea Gómez, con DNI número 44814509K, e unha vez que o interesado acreditou os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Luis Cea Gómez, profesor titular de universidade da área de coñecemento de Enxeñaría Hidráulica, departamento de Métodos Matemáticos e de Representación desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente poderase interpoñer recurso de reposición perante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Xosé Luis Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña