Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6107

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (789/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 0000789/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Roberto Marcelo Cortés contra a empresa Promociones Pena del Salnés-Construcciones, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Na Coruña o dezanove de xaneiro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, despois de ver o presente despedimento/cesamentos en xeral 789/2011 por instancia de Roberto Marcelo Cortés, asistido polo letrado José Páramo Sureda, contra Promociones Pena del Salnés-Construcciones, S.L, que non comparece a pesar de estar citado en legal forma,

Decido:

1.º Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Roberto Marcelo Cortés contra a empresa Promociones Pena del Salnés Construcciones, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data da presente sentenza, todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución, e con aboamento tamén dos salarios de tramitación non percibidos ata a data da presente sentenza.

2.º A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización: 1.702 € (mil setecentos dous euros).

En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data de extinción da relación laboral, é dicir, ata a presente resolución, e que ascenden a 6.180,84 euros a razón de 37,01 euros/día.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co n.º 1533.0000.65.0789.11 e, demostralo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0789.11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

E para que sirva de notificación a Promociones Pena del Salnés Construcciones, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Na Coruña o vinte e seis de xaneiro de dous mil doce.

O secretario xudicial