Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (534/2011).

Juan Rey Pita, secretario do social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Galifox, S.L., en reclamación por seguridade social, rexistrado co n.º 534/2009, foi ditada a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña o 23 de xaneiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, despois de ver os presentes autos sobre seguridade social entre partes, dunha e como demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, en cuxo nome e representación comparece a letrada Ana Moreno Lugrís, e doutra, como demandado, Galifox, S.L., que non comparece a pesar de estar citada en legal forma.

Decido:

1.º Estimar a acción exercida pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa Galifox, S.L., declarando a responsabilidade da empresa por descubertos nas cotizacións dos seus traballadores Lourdes Santos Oliveira e José Muñiz Pego e a súa responsabilidade no aboamento das prestacións obxecto do presente procedemento e que foron anticipadas pola mutua, todo isto con condena da citada empresa a aboar á mutua demandante as cantidades de:

– 498,26 euros por prestación económica de IT por continxencias comúns de Lourdes Santos Oliveira.

– 102,08 euros en concepto de asistencia sanitaria, e 1.561,73 en concepto de prestación de IT por continxencias comúns do traballador Eduardo Pardo Castro.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto 0030.1846 a nome deste xulgado co n.º 1533.0000.65.07534.09, e demostralo mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0534.09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, definitivamente xulgando».

E para que sirva de notificacion a Galifox, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial