Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6111

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1282/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que nos autos rexistrados co número 1282/2009 ditouse a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1282/2009, sendo demandante Delia María da Silva Lima, representada polo letrado Sr. Martínez Ramonde, e demandados Desarrolla Dirección Integrada de Proyectos, S.L., e a administración concursal, na persoa de Ricardo Nieto Sampayo, así como o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Delia María da Silva Lima contra Desarrolla Dirección Integrada de Proyectos, S.L., e contra a administración concursal, así como contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), e, en consecuencia, condeno a Desarrolla Dirección Integrada de Proyectos, S.L. a aboar a Delia María da Silva Lima a cantidade de 1.426,44 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Desarrolla Dirección Integrada de Proyectos, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial