Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6113

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1170/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 4 da Coruña (reforzo), fago saber que no proceso rexistrado co número 1170/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e ditame é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 1170/2009, sendo demandantes Manuel Cadenas Martínez, Emilio Castelo Martelo, Juan José Bermúdez García, Elías Vázquez González e Manuel Rodríguez López, representados polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandada a empresa Eldema, S.L.; foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Manuel Cadenas Martínez, Emilio Castelo Martelo, Juan José Bermúdez García, Elías Vázquez González e Manuel Rodríguez López contra Eldema, S.L., e, en consecuencia, condeno esta última a aboar a Manuel Cadenas Martínez a cantidade de 4.774,20 euros, a Emilio Castelo Martelo a cantidade de 4.851,96 euros, a Juan José Bermúdez García a cantidade de 5.032,80 euros, a Elías Vázquez González a cantidade de 4.949 euros e a Manuel Rodríguez López a cantidade de 6.278,80 euros, que lles debe, cantidades que deberán incrementarse co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Eldema, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial