Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6106

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012 pola que se integra a Elena María Montserrat Sánchez de Paz, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, pola que se modifica a Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (LOU), establece na súa disposición adicional segunda que os funcionarios e funcionarias do corpo de profesores titulares de escola universitaria que no momento da súa entrada en vigor posúan o título de doutor ou o obteñan posteriormente e se acrediten especificamente para o acceso ao corpo de profesores titulares de universidade, conforme o que establece o artigo 57 da LOU, accederán directamente ao corpo de profesores titulares de universidade nas mesmas prazas que ocupen.

Unha vez solicitada por Elena María Montserrat Sánchez de Paz, con DNI 32427626-H, funcionaria do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Fundamentos da Análise Económica, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 6/2001, de universidades, e os estatutos desta universidade, resolve integrala no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Fundamentos da Análise Económica, con efectos económicos e administrativos do 1 de febreiro de 2012.

Contra esta resolución, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pódese interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o reitor no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses na forma e condicións previstas na Lei reguladora da dita xurisdición, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012.

Xosé Luis Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña