Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6104

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 9 de febreiro de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de maio de 2011 (DOG número 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 27 de decembro de 2010 (DOG número 1, do 3 de xaneiro de 2011), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar as cualificacións obtidas polos aspirantes no cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

De acordo coa base II.1.1.6 da convocatoria superaron o cuarto exercicio os aspirantes que obtiveron unha cualificación mínima de 20 puntos.

Segundo. Os aspirantes poderán presentar alegacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De acordo co disposto na convocatoria os aspirantes que superaron este exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG n.º 146, do 30 de xullo de 2007), para os efectos da exención prevista no quinto exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra estes acordos poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

Ana M.ª Morato Miguel
Presidenta do tribunal