Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de xaneiro de 2012 pola que se notifica a imposición dunha quinta multa coercitiva (expediente IU3/178/2011).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, na data do 24 de outubro de 2011, impoñer unha quinta multa coercitiva a Jesús Losada Castro como consecuencia do incumprimento da Resolución do 1 xullo de 2008, pola que se ordena a demolición das obras consistentes nunha vivenda unifamiliar no encoro de Cachamuíña, Vilar, no concello do Pereiro de Aguiar, provincia de Ourense.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución por ser o destinatario descoñecido na repartición do correo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra este acordo o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística