Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 449/2011, interposto por Juan Gestal Riveiro contra a Resolución do 31.3.2011 do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (parque ofimático).

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña remitiu a esta administración un oficio polo que se solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 449/2011, interposto por Juan Gestal Riveiro contra a Resolución do 31.3.2011, do IGVS, de incoación de expediente de reversión de terreos transmitidos ao IGVS incluídos no sector 10 do Plan Xeral de Ordenación Municipal da Coruña (parque ofimático).

En consecuencia, acórdase nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao dito xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos citados, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 da Coruña, no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo