Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6135

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica á persoa interesada que se indica a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo P-017/10.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada a resolución de pleno dereito do contrato e lanzamento da vivenda do procedemento de desafiuzamento administrativo que se detalla no anexo.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2012.

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-017/10.

Nome: Comunidade hereditaria de María Olga Barros Domínguez.

Enderezo: polígono de Torneiros, fase III, bloque 17, portal 2, baixo D, O Porriño, Pontevedra.

Asunto: resolución de contrato e lanzamento da vivenda.

Indicación do contido: acórdase a resolución de pleno dereito do contrato e o lanzamento da vivenda contra a Comunidade hereditaria de María Olga Barros Domínguez e demais ocupantes da vivenda identificada co expediente de construción PO-83/490, conta 32.

Recursos: de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes que se contará a partir do seguinte ao da notificación desta resolución.