Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 2012 Páx. 6131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 23 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (PESAN1 2011/000676-5 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícase ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000676-5.

Denunciada: Mariscos Concharela, S.L.

DNI: B36503365.

Enderezo: rúa Fontoira, 16, Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.G.2.

Sanción: 301 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000726-5.

Denunciado: Abdelilah El Bayane.

DNI: X5335318P.

Enderezo: praia de Canelas, n.º 13, Portonovo, Sanxenxo (Pontevedra).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 248 euros.

N.º de expediente: PESAN1 2011/000755-5.

Denunciado: Julián Sevilla Piedras.

DNI: 53612406G.

Enderezo: rúa Sinca, 53, 4.º-3.º A, Barcelona (Barcelona).

Precepto infrinxido: 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

De conformidade co previsto na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG n.º 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser abonados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado a partir da firmeza desta resolución, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifeste o compromiso de aterse ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Vigo, 23 de xaneiro de 2012.

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo