Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6003

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (754/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 754/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús María Andrea Lorenzo contra a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2011, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Na Coruña, o 23 de xaneiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver este procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 754/2011, por instancia de Jesús María Andrea Lorenzo, que comparece asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2011, S.L., que non comparecen malia estaren citadas en legal forma.

«Decido

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Jesús María Andrea Lorenzo fronte ás empresas Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2011, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa Hijos GR Carpintería 2011, S.L. a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número terceiro desta resolución. Todo isto con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. Para o caso de optar pola indemnización e tamén respecto dos salarios de tramitación, condénase, así mesmo, solidariamente a empresa Industrias Gelucho Romar, S.A. ao aboamento dos importes que por tales conceptos correspondan.

3º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto nos números anteriores, son os seguintes:

En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 44.943,75 euros (corenta e catro mil novecentos corenta e tres euros con setenta e cinco céntimos).

En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 63,75 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 13.387,71 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0754 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0754.11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas Industrias Gelucho Romar, S.A. e Hijos GR Carpintería 2001, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado