Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6001

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (781/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 781/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Souto Gutiérrez contra a empresa Transworldsolar, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Na Coruña, 19 de xaneiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver este procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 781/2011, por instancia de Enrique Souto Gutiérrez, que comparece asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra Transworldsolar, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma.

«Decido

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Enrique Souto Gutiérrez fronte á empresa Transworldsolar, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con condena da empresa demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, calquera que sexa a súa opción, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo, sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: 739,58 euros (setecentos trinta e nove euros con cincuenta oito céntimos).

En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento, calculados a razón de 65,74 euros/día, e que ata a data desta sentenza ascenden a 13.278,47 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 0781 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co n.º 1533 0000 60 0781.11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Transworldsolar, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial