Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6005

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (744/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 744/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Alejandro González Liendo contra a empresa Casona Coruña, S.L. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 19 de xaneiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3, tras ver este procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 744/2011, por instancia de Daniel Alejandro González Liendo, que comparece asistido polo letrado José Miguel Orantes Canales contra Casona Coruña, S.L., que non comparece malia estar citada debidamente.

Decido:

Primeiro. Que estimo a demanda sobre despedimento formulada por Daniel Alejandro González Liendo fronte á empresa Casona Coruña, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena da empresa indicada ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. E con aboamento tamén dos salarios de tramitación que non percibise ata a data desta sentenza e dos correspondentes ao prazo de aviso previo.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, calculada ata a data desta sentenza: 790,66 euros (setecentos noventa euros con sesenta e seis céntimos).

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data de extinción da relación laboral, é dicir, ata a data desta resolución e que ascenden a 4.099,13 euros, a razón de 22,04 euros/día.

– En concepto de prazo de aviso previo non respectado: 330,58 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.65.0744.11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0744.11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Casona Coruña, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado