Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6007

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (363/2011).

Francisco José Camino Suárez, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber:

Que no procedemento de Seguridade Social 363/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María Regos Castelos contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Colegio España, sobre seguridade social, ditouse auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispostiva.

Dispoño que debo emendar e emendo o erro cometido na sentenza do 3 de decembro de 2011 e, en consecuencia, no encabezamento e ditame da referida sentenza, onde pon «contra o Instituto Social da Mariña…», debería poñer «contra o Instituto Nacional da Seguridade Social…»».

E, para que sirva de notificación a Colegio España, expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial