Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6008

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social Número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (773/2009).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número 3 da Coruña (reforzo), fago saber que no proceso referenciado se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguintes:

«Sentenza.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre recarga de prestacións 773/2009, sendo demandante Mantelnor Outsourcing, S.L., coa representación da letrada Sra. Martínez Vieito, e demandados o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social, Sra. Pardo Costas, así como Mamadou Fall.

DISPOÑO:

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mantelnor Outsourcing, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra Mamadou Fall e, en consecuencia, absolvo os demandados de cantas pretensións se exercitaran na súa contra en méritos deste procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Mamadou Fall, expídese a presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial