Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 2012 Páx. 6010

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (1140/2009).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña (reforzo), fago saber que no proceso rexistrado co número 1140/2009 se ditou a resolución co encabezamento e decisión seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número catro da Coruña, en funcións de reforzo, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre prestación de reclamación de cantidade 1140/2009, sendo demandante Roberto Marcelo Cortes, representado polo letrado Sr. Páramo Sureda, e demandado Teijeiro Recarey, S.L., foi citado o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por Roberto Marcelo Cortes contra Teijeiro Recarey, S.L. e, en consecuencia, condeno esta última a lle aboar a Roberto Marcelo Cortes a cantidade de 924,82 euros que debe, cantidade esta que se deberá incrementar co xuro de mora do 10%.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpor recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Teijeiro Recarey, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial