Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5856

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol

EDICTO (221/2011).

José Miguel Regueiro Pérez, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ferrol, mediante este, anuncio que neste procedemento de xuízo ordinario número 221/2011 seguido por instancia de Banco Popular Español, S.A., representado pola procuradora Carmen Corte Romero fronte a Autonor Car, S.L., declarado en rebeldía, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 261/2011.

Xuíz que a dita: Javier Tudela Guerrero.

Lugar: Ferrol.

Data: 26 de setembro de 2011.

Demandante: Banco Popular Español, S.A.

Avogado/a: Juste Picón.

Procuradora: María del Carmen Corte Romero.

Demandado: Autonor Car, S.L.

Procedemento: procedemento ordinario 221/2011.

Ditame:

Acordo estimar a demanda presentada pola entidade Banco Popular, S.A. contra Autonor Car, S.L., e condeno a segunda ao pagamento de:

1.º Un principal de 11.622,99 euros.

2.º Os xuros moratorios pactados desde a resolución do contrato por incumprimento e ata o seu completo pagamento.

3.º As custas do procedemento.

Modo de impugnación: contra esta sentenza cabe recurso de apelación dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, que se interporá ante este órgano xudicial.

Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade no Banesto, na conta deste expediente 1559 0000, indicando no campo concepto «Recurso» seguido do código «02 Civil-Apelación».

Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separado por un espazo a indicación «recurso» seguido do código «02 Civil-Apelación».

En caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O/a maxistrado/a-xuíz/a».

E estando o dito demandado, Autonor Car, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Facúltase o portador deste para intervir no seu dilixenciamento.

Ferrol, 24 de outubro de 2011.

O secretario xudicial