Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 2012 Páx. 5854

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5142/2011 JS).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5142/2011 JS, desta sección, seguidos por instancia de Luis Méndez Estévez, Óscar López García, Agustín López Macías, Juan Lorenzo Vidal, Emilio Martínez Costas, Carlos Maceira Serto, Eduardo Pérez Abalde, Diego Rodríguez Sio, María Rosario Silva Amorín, María Nelly Valverde González, Efrén Vázquez Prieto, David Vila Fernández, Justo Vila Vila, Antonio Seoane Otero contra la empresa Isocold, S.A., Norplástica, S.A., Industrias Álvarez y Somme, S.A., Admón. Concursal Isocold, S.A., Industrias del Noroeste, S.A. (Inosa), Francisco Álvarez Villamil, sobre despido disciplinario, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Fallamos que con desestimación do recurso interposto por María Nelly Valverde González, Efrén Vázquez Prieto, Óscar López García, David Vila Fernández, Agustín López Nacías, Justo Vila Vila, Emilio Martínez Costas, Carlos Maceira Serto, Luis Méndez Estévez, Eduardo Pérez Abalde, Diego Rodríguez Sio, Antonio Seoane Otero, María Rosario Silva Amorín e Juan Lorenzo Vidal, confirmamos a sentenza que o 14.9.2011 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, e pola que se rexeitou a demanda formulada e se absolveron as empresas Norplástica, S.A., Isocold, S.A., Industrias Álvarez y Somme I. Alyson, S.A., Industrias del Noroeste, S.A., e Francisco Álvarez Villamil.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social).

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do prazo improrrogable de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552 debendo indicar no campo concepto «Recurso» seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Norplástica, S.A., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial