Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5614

V. Administración de xustiza

Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra

EDICTO (216/2010).

No presente procedemento de xuízo verbal número 216/10 seguido por instancia do procurador Sr. Álvarez Vázquez, en nome e representación de Rogelio Reboredo Casal fronte a Gonzalo Silva Teira, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra con sede en Vigo.

Verbal 216/10.

Sentenza número 79/2010.

Sentenza.

Vigo, 16 de decembro de 2010.

José M.ª Blanco Saralegui, maxistrado xuíz do Xulgado Mercantil número 3 de Pontevedra, despois de ver os autos de xuízo ordinario rexistrados co número 216/10, instados polo procurador Sr. Álvarez Vázquez, en nome e representación de Rogelio Reboredo Casal, asistido polo letrado Sr. Rivas Teruelo, contra Gonzalo Silva Teira, en situación de rebeldía procesual, en reclamación de cantidade.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sr. Álvarez na representación acreditada, debo condenar e condeno a Gonzalo Silva Teira a satisfacer á demandante cantidade de 3.676,40 euros, máis xuros legais desde a interpretación xudicial, máis xuros de mora procesual desde a data da sentenza ata o seu completo pagamento, todo iso con expresa imposición á demandada das custas causadas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme, e ante esta cabe interpor recurso de apelación neste xulgado para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, no prazo de 5 días desde a súa notificación ás partes, logo de consignación de 50 euros, ao preparalo, na forma establecida pola disposición adicional 15.ª da LOPX.

Así, por esta a miña sentenza, que se rexistrará no libro de sentenzas e da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, o pronuncio, mando e asino.

José M.ª Blanco Saralegui,

Maxistrado do Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra».

E encontrándose o dito demandado, Gonzalo Silva Teira, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, vinte de maio de dous mil once.

A secretaria xudicial