Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5612

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro do 2012, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se fai público o lugar e a data de realización do primeiro exercicio da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da Comunidade Autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro.

A Resolución do 27 de xullo de 2010 pola que se convoca concurso-oposición libre para o ingreso en diversas clases de persoal sanitario funcionario ao servizo da comunidade autónoma incluído no ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, prevé no número 3 da base sexta, que os exercicios da fase de oposición se realizarán no lugar e na hora que se fixe nunha resolución da autoridade convocante, que terá que publicarse no Diario Oficial de Galicia, polo que, este centro directivo

RESOLVE:

Primeiro. Convocar os/as aspirantes admitidos/as con carácter definitivo no concurso-oposición para o ingreso nas clases de farmacéuticos inspectores de saúde pública, inspectores farmacéuticos, inspectores médicos e subinspectores sanitarios, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición, nas seguintes datas e lugares:

Inspectores farmacéuticos: 24 de febreiro do 2012 ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.

Inspectores médicos: 24 de febreiro do 2012 ás 10.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.

Subinspectores sanitarios: 24 de febreiro do 2012 ás 16.00 horas, na Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa Madrid n.º 2-4 de Santiago de Compostela.

Farmacéuticos inspectores de saúde pública: 2 de marzo de 2012 ás 10.00 horas, no edificio docente Roberto Novoa Santos anexo ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, sito na rúa A Choupana s/n de Santiago de Compostela.

Segundo. Os/as aspirantes terán que ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e de bolígrafo azul ou negro.

Durante o tempo fixado para a realización do exercicio non se poderán utilizar nin manipular de ningunha maneira aparellos de telefonía móbil ou soportes con memoria, polo tanto, queda prohibido o acceso destes aos lugares de realización dos exames, e será causa de inadmisión ao chamamento a tenza daqueles. Advírtese que non haberá servizo de recollida de teléfonos móbiles.

Terceiro. Os/as aspirantes serán convocados/as para cada exercicio nun único chamamento, e serán excluídos/as do concurso-oposición os/as que non comparezan.

No marco das previsións da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, e da Lei orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, permitirase ás mulleres embarazadas, que se encontren ingresadas no mesmo día do exame, facer o primeiro exercicio da fase de oposición.

Por iso, coa única limitación de respectar, en todo caso, a unidade de acto e de tempo de execución fixados nesta resolución, como garantía de igualdade e de imparcialidade para todos/as os/as aspirantes, desprazarase ao centro sanitario unha delegación do tribunal que permita a execución material da proba a aquelas opositoras xestantes que previamente o xustificasen e solicitasen no fax da Dirección de Recursos Humanos 881 54 28 18, ata as 48 horas anteriores á hora fixada para a realización do exercicio.

Cuarto. Esta resolución poderá ser impugnada polos/as interesados/as nos termos previstos no número 3 da base oitava da citada convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2012.

Esperanza Fernández Lago
Directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde