Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5605

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 1 de febreiro de 2012 pola que se modifica o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador.

Con data do 8 de xaneiro de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

Logo de dous anos de funcionamento deste Consello Regulador provisional, e á vista da evolución dos rexistros de inscritos, e ante unha próxima convocatoria electoral da cal xurdirán os órganos de goberno definitivos, faise necesario unha modificación do número de vogalías, que de cinco para cada sector pasará a tres, para o cal é necesario facer unha modificación puntual do seu regulamento, de acordo co aprobado na sesión que o Pleno deste órgano celebrou o pasado día 18 de xaneiro.

Polo anterior, tras a proposta do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e de acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación do anexo da Orde do 23 de decembro de 2009 pola que se aproba o Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador, e se nomea o Consello Regulador provisional.

O punto 1 do artigo 36 do Regulamento da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia e do seu Consello Regulador queda redactado do seguinte xeito:

«1. O Pleno está constituído polos seguintes membros:

– Tres vogais en representación do sector produtor, elixidos democraticamente por e entre os titulares de plantacións inscritas no Rexistro de Produtores e Plantacións.

– Tres vogais en representación do sector comercializador en fresco, elixidos democraticamente por e entre os titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Operadores-Comercializadores e Almacenistas en Fresco.

– Tres vogais en representación do sector industrial, elixidos democraticamente por e entre os titulares de instalacións inscritas no Rexistro de Industrias de Procesamento».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2012.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar