Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5603

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería de Cultura e Turismo no último cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola extinta Consellería de Cultura e Turismo nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Título

Data sinatura

Importe

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Verín para financiar a tramitación dun concurso de ideas para levar a cabo a redacción do proxecto do novo centro cultural de Verín.

16.9.2011

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, e o Concello de Sober para a remodelación do miradoiro do canón do Sil Cotarro I en Sober (Lugo).

22.10.2011

176.794,61 €

Convenio entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Zas para a creación e integración na Rede de Bibliotecas de Galicia da axencia de lectura municipal dependente deste.

4.10.2011

0,00 €

Addenda ao convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura e Turismo, e o Concello de Bande para o acondicionamento do espazo expositivo de Aquis Querquennis situado en Porto Quintela, Bande, Ourense.

22.11.2011

0,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de programas de voluntariado.

19.12.2011

Convenio de cooperación cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a rehabilitación dun edificio anexo ao museo de Valga destinado a actividades culturais, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

8.6.2011

50.000,00 €

Addenda ao convenio de cooperación cultural entre a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Valga para a rehabilitación dun edificio anexo ao museo de Valga destinado a actividades culturais, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

20.9.2011

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e a Asociación Pazos de Galicia para as accións de promoción da marca Galicia a través dos claims Galicia, me guardas el secreto e El secreto mejor guardado de Galicia.

11.8.2011

38.000,00 €