Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 2012 Páx. 5607

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 11 de xaneiro de 2012 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada por Orde do 27 de outubro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 222, do 21 de novembro).

Advertido erro na citada orde, publicada no DOG n.º 24, do venres 3 de febreiro de 2012, debe facerse a seguinte corrección:

Na páxina 4855, onde di: «NRP: 7649859668 A2053», debe dicir: «NRP: 7649859668 A1135» e onde di: «Corpo/escala: corpo administrativo da Xunta de Galicia», debe dicir: «Corpo/escala: corpo administrativo da Administración do Estado».