Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5577

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO relativo á aceptación de delegación efectuada polo Concello de Ponte Caldelas en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 25 de novembro de 2011, acordou, por unanimidade, aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Ponte Caldelas, por acordo do Pleno do 21 de xullo de 2011 e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e no 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico e o exercicio directo das facultades de recadación en período voluntario e executivo das débedas correspondentes a sancións por infracción da normativa xeral reguladora do tráfico, da circulación de vehículos de motor e seguridade viaria.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (Oral).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 29 de decembro de 2011.

Rafael Louzán Abal
Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra