Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5576

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sober

ANUNCIO sobre a aprobación parcial do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Aprobado definitivamente de forma parcial o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Sober por Orde do 6 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas), e tendo en conta que na parte deixada en suspenso o concello introduciu modificacións substanciais sobre o documento inicialmente aprobado, sométese a información pública polo prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, de conformidade cos artigos 85.2 e 85.8 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio Rural de Galicia.

Durante o devandito prazo o expediente poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes sobre a parte que se atopa en suspenso e non foi aprobada pola Orde do 6 de agosto de 2009, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas).

Sober, 12 de xaneiro de 2012.

Luis Fernández Guitián
Alcalde