Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5575

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Pobra do Brollón

EDICTO de información pública sobre licenza para a realización dunha adega.

Pedro Yáñez Britos, con DNI número 30637656T, en representación da empresa Lagar O Busto, S.L., con CIF B27406370, solicitou licenza municipal para a realización dunha adega nas parcelas 23 e 25 do polígono 84, sita na parroquia da Saa da Pobra do Brollón, e cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública polo prazo de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observación que coiden oportunas.

A Pobra do Brollón, 20 de xaneiro de 2012.

José Luis Maceda Vilariño
Alcalde