Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5574

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para o ámbito 13 da ordenación provisional (AR-27E) (expediente 11817/11 do Negociado de Planeamento Urbanístico).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 22 de decembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

16. De oficio, expediente planeamento urbanístico: 11817/11. Estudo de detalle para o ámbito 13 da ordenación provisional: AR-27-E. Aprobación inicial.

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade, acordou:

1. Aprobar inicialmente o estudo de detalle no ámbito 13 da ordenación provisional: AR-27-E, redactado de oficio polo Servizo de Planeamento e Xestión Urbanística.

2. Sometelo á información pública, polo prazo mínimo de vinte días, mediante anuncio que se publicará no DOG, nun dos xornais de maior circulación da provincia e con notificación individualizada aos propietarios do ámbito.

O que se lles notifica para que no prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, poidan formular as alegacións que consideren oportunas.

Ourense, 3 de xaneiro de 2012.

Francisco Rodríguez Fernández
Alcalde-presidente