Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Agolada

ANUNCIO de información pública relativo á reforma dunha gasolineira.

A entidade Galigás Europa, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para a reforma dunha gasolineira e instalación de boxes de lavado na avenida do Concello, n.º 1 deste concello, cumprindo o disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este prazo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia (DOG)– poidan examinar o expediente na Secretaría deste concello as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Agolada, 13 de xaneiro de 2012.

Ramiro Varela Peón
Alcalde