Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2012 pola que se lles comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de suspensión de pagamento, aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Unha vez intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), mediante esta resolución, ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas, e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de suspensión de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas, os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpor recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo, sito en Santiago de Compostela, complexo administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

N.º expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data
resolución

Órgano que dita
a resolución

Notificación

AF010.2006.1.39

Centro de Ocio Infantil Arca de Noé, S.L. (en constitución)

Apoios orientados a facilitar a implantación dun proxecto empresarial (Resolución do 1 de marzo de 2006, DOG núm. 49, do 10 de marzo)

15.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

AF010.2006.1.43

Asesoría Téxtil Desfilo, S.L. (en constitución)

Apoios orientados a facilitar a implantación dun proxecto empresarial (Resolución do 1 de marzo de 2006, DOG núm. 49, do 10 de marzo)

15.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

AF027.2006.2.65

Industrias Gelucho y Romar, S.A.

Axudas á mellora da produtividade. Investimento e desenvolvemento tecnolóxico (Resolución do 17 de febreiro de 2006, DOG núm. 40, do 27 de febreiro, e Resolución do 22 de novembro de 2006, DOG núm. 229, do 28 de novembro)

24.9.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG102.2007.1.9

Offset Valladares, S.L.

Proxectos de investimento empresarial de carácter tecnolóxico (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo, e Resolución do 10 de abril de 2007, DOG núm. 74, do 17 de abril)

15.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG102.2007.1.10

Gráficas Pomba, S.L.

Proxectos de investimento empresarial de carácter tecnolóxico (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo, e Resolución do 10 de abril de 2007, DOG núm. 74, do 17 de abril)

5.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG103.2007.1.9

Anllo y Calvo, S.L.

Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo, e Resolución do 28 de maio de 2007, DOG núm. 107, do 5 de xuño)

18.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG103.2007.1.104

Fábrica de Casas de Madeira, S.L.

Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo, e Resolución do 28 de maio de 2007, DOG núm. 107, do 5 de xuño)

28.7.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG103.2007.2.34

Armarios Galicia, S.L.

Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes (Resolución do 9 de marzo de 2007, DOG núm. 59, do 23 de marzo, e Resolución do 5 de novembro de 2007, DOG núm. 220, do 14 de novembro)

24.9.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG103.2010.1.102

Otero Morán, Nicanor

Proxectos de investimento tecnolóxico das pemes entre 100.000 € e 500.000 € de investimento subvencionable (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG núm. 80, do 29 de abril)

28.6.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG107.2008.1.71

Óptica Ollos, S.L.

Proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo)

2.11.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG162.2008.1.4372

Representaciones Artísticas Bellas, S.L.

Axudas ao acceso e adecuación do financiamento das pemes-liña 1: programa de apoio ao circulante (Resolución do 4 de novembro de 2008, DOG n.º 215, do 5 de novembro)

23.9.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG162.2008.1.4458

Blanco y López, C.B.

Axudas ao acceso e adecuación do financiamento das pemes-liña 1: programa de apoio ao circulante (Resolución do 4 de novembro de 2008, DOG n.º 215, do 5 de novembro)

6.10.2011

Secretario xeral do Igape (P.D. Acordo 1.6.2011, DOG n.º 113, do 14 de xuño)

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total