Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 9 de febreiro de 2012 Páx. 5578

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO polo que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

Mediante a comunicación do vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego fanse públicos, para os efectos do artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, os convenios de colaboración asinados no terceiro cuadrimestre do ano 2011.

Asinantes coa Fundación
Deporte Galego

Obxecto do convenio

Data de sinatura

Importe
comprometido

Asociación Deportiva Arousa Fútbol 7

Organización do Campionato Internacional Alevín Sub12 de Fútbol

29.12.2011

6.000 €

Club Baloncesto Vilagarcía

Organización da Vilagarcía Basket Cup 2011

29.12.2011

6.000 €

Club Kayak Tudense

Organización do XL Descenso Internacional do Río Miño de Piragüismo

29.12.2011

8.000 €

Escudería Rías Baixas

Organización do 47 Rally Internacional Rías Baixas

29.12.2011

10.000 €

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2012.

José Ramón Lete Lasa
Vicepresidente executivo da Fundación Deporte Galego