Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4735

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (831/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 831/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Lino Cancela Romero contra a empresa A Imperfis Xanxenso, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda formulada por José Lino Cancela Romero fronte a A Imperfis Xanxenso, S.L., e, en consecuencia, declaro a improcedencia da decisión extintiva da relación laboral, con condena da empresa demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, calquera que fose o sentido da opción, dos salarios de tramitación que non percibiu.

A dita opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo, sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2.º A indemnización que ten que aboar, se é o caso, a empresa demandada e os salarios de tramitación son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, 235,01 euros.

– En concepto de salarios de trámite, os deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución, calculados a razón de 40,56 euros/día. Na data en que se dita esta resolución ascenden a 6.692,02 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150 euros en calidade de depósito.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A maxistrada xuíza».

E para que sirva de notificación en legal forma a A Imperfis Xanxenso, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial