Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4734

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

CÉDULA de notificación (DSP 860/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número DSP 860/2011 por instancia de Gabriela Bozzola Sosa contra Casona Coruña, S.L., e o Fogasa sobre despedimento, nos cales, no día da data, se ditou auto de aclaración cuxa parte dispositiva di textualmente:

«… Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Gabriela Bozzola Sosa, contra a empresa Casona Coruña, S.L., e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto o 17 de xullo de 2011, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data desta resolución, ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Casona Coruña, S.L., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 6.651,99 euros, máis ao aboamento dos salarios de tramitación entre a data do despedimento, e esta resolución, cuantificados a razón de 42,18 euros diarios, e por tanto 5.441,91 euros …».

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada-xuíza, Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Casona Coruña, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado excepto as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino este edicto na Coruña o 9 de xaneiro de 2012.

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial