Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 10 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de transporte para escolares participantes no Programa Xogade, no curso 2011-2012.

Advertidos erros no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares relativo á Resolución do 10 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de transporte para escolares participantes no Programa Xogade, no curso 2011-2012, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 14, do 20 de xaneiro de 2012, cómpre efectuar as oportunas correccións:

No anexo I, no cadro relativo á provincia de Pontevedra, lote 4.5 «Agrupación Deportiva Zona Centro Pontevedra», onde di: «total autocares 30», debe dicir: «total autocares 24»; onde di: «xornada completa 10», debe dicir: «xornada completa 7»; onde di: «media xornada 20», debe dicir: «media xornada 17»; onde di: «fin de semana 10», debe dicir: «fin de semana 7», e onde di: «lectivos 20», debe dicir: «lectivos 17».