Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos AC-EP 259/2011 e AC-EP 273/2011.

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a continuación sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución nos expedientes sancionadores que se relacionan no anexo, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, estas resolucións serán firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que serán facilitados no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial sito no edificio administrativo de Monelos, praza Luís Seoane s/n, A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior, exixiranse en vía de constrinximento.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2012.

Ana Lado Eiriz
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º de
expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto
infrinxido

Precepto
sancionador

Resolución

AC-EP 259/2011

José Antonio Leis Trillo

Rúa Coruña, n.º 1, 3.º C

Cee

Nerio

Discoteca

23.o) da L.O. 1/1992

28 da L.O. 1/1992

1.200 € e suspensión de licenza 7 días

AC-EP 273/2011

José Antonio Leis Trillo

Rúa Coruña, n.º 1, 3.º C

Cee

Nerio

Discoteca

23.o) da L.O. 1/1992

28 da L.O. 1/1992

1.200 € e suspensión de licenza 15 días