Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída na solicitude de compatibilidade formulada por María del Pilar Blázquez Ballesteros.

Con data do 7 de decembro de 2011 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se autoriza a solicitude de compatibilidade formulada por María del Pilar Blázquez Ballesteros.

Intentada a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificación esta non se puido practicar, sendo devolta polo dito servizo por «non retirado», por dúas veces, tras os dous intentos nos que consta «ausente de repartición», en ambos os casos.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifícalle a María del Pilar Blázquez Ballesteros a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer a interesada recurso de resposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública