Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2012, do Servizo de Control Financeiro e Subvencións, sobre notificación por comparecencia para a entrega dun informe provisional de control financeiro sobre unha subvención percibida por un beneficiario.

A Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en execución do Plan de Control Financeiro 2006, aprobado de conformidade co disposto no artigo 107 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (DOG núm. 214, do 5 de novembro), e de acordo co previsto no artigo 94 do dito texto e no artigo 42 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), está realizando un control financeiro a Mejillones Aspies, S.L., en relación coa subvención percibida Axudas a empresas de transformación, conservación e comercialización de produtos do mar, financiada con fondos propios.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, polo presente faise saber:

1. Que tentada a notificación do informe provisional de control financeiro a Mejillones Aspies, S.L., non foi posible practicala.

2. Que, por medio do presente anuncio se pon de manifesto que Mejillones Aspies, S.L. ou persoas debidamente autorizadas deberán comparecer no prazo de dez días contados desde o seguinte á publicación deste no Diario Oficial de Galicia, nas oficinas desta Subdirección Xeral de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións, sita no edificio San Caetano, s/n, bloque n.º 3 (Intervención Xeral da Comunidade Autónoma–Consellería de Facenda), de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas, co obxecto de facerlles entrega do informe provisional de control financeiro efectuado a Mejillones Aspies, S.L.

3. Que, se rematado o prazo sinalado non tivesen comparecido, a notificación entenderanse producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2012.

Pablo Benigno Villarquide Vega
Xefe do Servizo de Control Financeiro e Subvencións