Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 2 de febreiro de 2012 Páx. 4741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentenza 585/2011, do 16 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 16 de xuño de 2011, pronunciou a sentenza número 585/2011, ditada no procedemento ordinario número 4608/2008, interposto por Amelia Caride Bugarín, sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Amelia Caride Bugarín contra a Orde do 16.5.2008 da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes pola que se deu aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo, e anulámola, por ser contraria a dereito, no que se refire á clasificación da parcela 1 da «Unidade de actuación 03 Moledo» do anterior plan xeral, e declaramos que debe ser clasificada como solo urbano consolidado. Desestimamos o recurso no que se refire á parcela 4, e declarámolo inadmisible no que concirne ás parcelas 2, 7 e 9, todas da dita unidade. Non se fai imposición de custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

M.ª Encarnación Díaz Rivas
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo