Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4620

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (868/2008).

Na cidade da Coruña o vinte e cinco de novembro de dous mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu estes autos de xuízo n.º 868/2008 seguidos por instancia de María José Sánchez Sánchez, asistida polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra Playa Sada, S.L., sendo o obxecto da reclamación cantidade; e

Antecedentes de feito:

Primeiro. Que a parte demandante antes citada formulou demanda recibida no Xulgado Decano do Social o 6 de outubro de 2008 e repartida a este xulgado na mesma data, contra a demandada xa mencionada, na cal despois de expoñer os feitos e fundamentos que considerou pertinentes, remataba suplicando que se ditase sentenza pola que se condenase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 4.437,17 euros.

Segundo. Que admitida a trámite a demanda se convocaron as partes aos actos de conciliación e xuízo que tiveron lugar coa asistencia da parte demandante, que ratificou a súa demanda, e a incomparecencia da demandada, pese a estar citada en legal forma; recibido o xuízo a proba a parte demandante propuxo interrogatorio do legal representante da demandada e documental e, logo de declaración de pertinencia, uníronse os documentos aos autos, co resultado de que, se é o caso, se fará mención; seguidamente a parte demandante fixo uso da palabra para conclusións en apoio das súas peticións e quedou o xuízo visto para sentenza.

Terceiro. Que na tramitación deste xuízo se observaron as prescricións legais.

«Decido que, estimando a demanda interposta pola demandante María José Sánchez Sánchez debo condenar e condeno a empresa Playa Sada, S.L., a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.437,17 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio prazo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E, igualmente, deberá no momento de interpoñer o recurso consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para interpoñer o recurso.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Playa Sada, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial