Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4618

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 35/2008 IP-A).

Nas actuacións de recurso de suplicación número 35/2008 IP-A a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 541/2006 IP-A do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por María Grandio Quijada contra Eco y Gest, S.L., sobre desemprego, con data 28 de novembro de 2011 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante María del Carmen Grandio Quijada contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 desta capital, de data 9 de xullo de 2007, ditada en autos número 541/2006, seguidos por instancia da citada recorrente, fronte ao Servizo Público de Emprego Estatal (Inem), sobre reintegro de prestacións indebidamente percibidas, debemos confirmar e confirmamos integramente a resolución impugnada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta Sala no Banco Banesto, n.º 1552 0000 80 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta Sala n.º 1552 0000 35 (n.º de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia no rolo que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia co fin de que sirva de notificación en forma a Eco y Gest, S.L., con último domicilio coñecido nas Galeras n.º 13, Santiago de Compostela, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto na Coruña, 11 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial