Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4622

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (837/2008).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario do Social número 2 da Coruña, fai saber que no proceso seguido por instancia de Gerardo Suárez Varela contra a empresa Ricardo Leis Bao, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 837/2008, se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución di o seguinte:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña, o vinte e seis de outubro de dos mil once.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 desta cidade, viu estes autos de xuízo número 837/2008, seguidos por instancia de Gerardo Suárez Varela, que comparece asistido do letrado Jorge Fernández-Chao González-Dopeso, contra a empresa Ricardo Leis Bao, que non comparece, sendo o obxecto da reclamación cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo/la demandante Gerardo Suárez Varela, debo condenar e condeno a empresa Ricardo Leis Bao a que lle aboe ao demandante a cantidade de 13.458,83 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10% por mora na forma especificada no fundamento xurídico.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de que consignou a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 150 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Ricardo Leis Bao, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de xaneiro de 2012.

O secretario xudicial
Rubricado