Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4624

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (715/2009).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de demanda 715/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Luis Bernárdez Varela contra a empresa Sociga Estudio, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte sentenza, con data do 15 de novembro de 2011, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que estimo integramente a demanda interposta por Luis Bernárdez Varela, condenando a mercantil Sociga Estudio, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 110.500 euros, máis o 10% desa cantidade por demora no seu pagamento.

Que igualmente, con data do 16 de decembro de 2011, se ditou auto de aclaración desa sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

Que rectifico o erro material que contén a parte dispositiva da sentenza, en canto que esta di: «Que estimo integramente a demanda interposta por Luis Bernárdez Varela, condenando a mercantil Sociga Estudio, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 110.500 euros, máis o 10 % desa cantidade por demora no seu pagamento».

E debe quedar redactada da seguinte forma:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Luis Bernárdez Varela, condenando a mercantil Sociga Estudio, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 10.500 euros, máis o 10% desa cantidade por demora no seu pagamento».

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso, ben que se pode impor recurso contra a resolución que se rectifica, no modo e maneira establecidos nesta, desde a notificación deste auto ás partes.

Así o acordo, mando e asino. María del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.

E para que sirva de notificación en forma legal a Sociga Estudio, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2012.

A secretaria xudicial
Rubricado