Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4626

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se fai pública a formalización de varios contratos administrativos.

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia, en virtude das facultades que lle confire o Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, e o Decreto 82/2009, do 21 de abril, polo que se establecen os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, resolveu adxudicar os seguintes contratos de subministracións e servizos:

Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de administración, xestión técnica, control, operación e mantemento da infraestrutura da Rede Corporativa de Voz e Datos da Xunta de Galicia (expediente 26/2011).

Adxudicatario: Unisys, S.L.U.

Orzamento: 1.787.281,00 euros (sen IVE).

Formalización: 2.12.2011.

Contratación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de soporte tecnolóxico para o impulso da incorporación das novas tecnoloxías nos concellos (expediente 41/2011).

Adxudicatario: Everis Spain, S.L.

Orzamento: 433.001,98 euros (sen IVE).

Formalización: 20.12.2011.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 138 da Lei 30/2007, de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

Mar Pereira Álvarez
Secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica