Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2011, da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información, polo que se publica requirimento de emenda da documentación xustificativa de subvencións ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2011, referente aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (procedemento administrativo PR519A).

A Resolución do 7 de abril de 2011, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións aos proxectos de cooperación empresarial para o fomento da empresa dixital no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2011 e 2012, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria (procedemento administrativo PR519A, DOG núm. 77, do 19 de abril de 2011), faculta, na disposición derradeira primeira, o titular da Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación da convocatoria.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica ditou resolución de concesión de subvencións ao abeiro da citada convocatoria, o que foi notificado aos beneficiarios. Superada a data límite de presentación da documentación xustificativa da subvención establecida no artigo 19 das bases reguladoras da convocatoria, modificado pola Resolución do 2 de novembro de 2011 (DOG núm. 217, do 14 de novembro), o órgano instrutor revisou as xustificacións presentadas, identificando expedientes en que non se reúne algún dos requisitos exixidos.

O artigo 8 das bases reguladoras dispón: «Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b), 60 e 61 da Lei 30/1992, os requirimentos citados de emenda realizaranse preferentemente mediante publicación no DOG, e producirán os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará no taboleiro electrónico de anuncios da páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, ao cal se remitirá desde o texto publicado no DOG, e poderase facer indicación de que os seguintes actos administrativos deste procedemento serán notificados a través do citado taboleiro».

O artigo 2 da convocatoria recolle a obriga de utilizar medios electrónicos para a xustificación da subvención e para a emenda da documentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Adicionalmente, o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, establece: «Cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada polo beneficiario, porao no seu coñecemento e concederalle un prazo de dez días para a súa corrección».

Na súa virtude,

ACORDO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia dunha relación de expedientes do procedemento administrativo PR519A que están suxeitos á emenda ou achega de documentación xustificativa, segundo o establecido no artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Esta relación achégase como anexo do presente anuncio.

2. Identificar o taboleiro electrónico e o taboleiro presencial que se describen neste anuncio como os medios e lugares onde son remitidos os interesados para que obteñan información particularizada dos feitos aquí recollidos, coa indicación de que será onde se publicarán os sucesivos actos integrantes deste procedemento administrativo.

3. Facer indicación expresa a todos os interesados recollidos no anexo de que se son requiridos para que no prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos conforme o recollido no taboleiro electrónico citado. De non o facer, resolverase o expediente coa documentación dispoñible.

De conformidade coas bases reguladoras, no caso de requirirse certificados acreditativos da inexistencia de débedas coas distintas administracións públicas, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta efectuada polo órgano xestor, o que se indicará na información particularizada para cada interesado. No caso de que por razóns alleas ao solicitante non se poidan obter os ditos certificados dentro do prazo de emenda concedido, os solicitantes deben achegar inescusablemente o orixinal ou copia compulsada do xustificante da solicitude en prazo do dito certificado, e achegarán o certificado orixinal en canto lle sexa entregado pola Administración correspondente.

4. Identificar que o acceso aos contidos do dito taboleiro electrónico se pode facer por tres canles electrónicas distintas. Para empregar calquera das tres canles o interesado deberá dispoñer da primeira folla dos formularios de solicitude, ben en formato papel ou ben en arquivo pdf, que se xerou no seu momento coa aplicación de formalización de formularios de subvención.

4.1. Acceso pola web www.xunta.es, empregando un código electrónico.

O interesado debe acceder á páxina web da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, sita no enderezo http://imit.xunta.es, e seleccionar a opción «Axudas», co que se amosa o servizo do taboleiro electrónico. Para o acceso ao contido do taboleiro electrónico deberá introducir, tecleando, o código electrónico (de entre 16 a 20 caracteres alfanuméricos) existente na parte superior dereita da primeira folla da súa solicitude, o que garante a privacidade no acceso á información de cada solicitante. O enlace directo a este servizo é o seguinte:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/

4.2. Acceso nun clic desde o arquivo pdf da solicitude.

O interesado debe abrir o arquivo pdf da solicitude cun visor Acrobat Reader. Na parte inferior dereita da primeira folla dispón dunha figura con cadrados brancos e negros, un código QR. Facendo clic dentro da figura do código QR activará un enlace personalizado co que accede directamente á información.

4.3. Acceso a través dun dispositivo móbil, coa fotografía do código QR.

O interesado debe fotografar o código QR da solicitude e dispoñer no seu dispositivo móbil dun software de recoñecemento e acceso a internet que lle permita enlazar coa URL que está codificada na matriz bidimensional do código QR.

Disponse de información explicativa adicional sobre o uso das canles electrónicas citadas no seguinte enlace:

http://imit.xunta.es/portal/sectorempresarialdasociedadedainformacion/axudas/pregunta4.html

Para a presentación da documentación poden seguir as instrucións de xustificación dispoñibles no taboleiro electrónico

5. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información, poderán dirixirse á Subdirección Xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información a través do teléfono 981 54 55 83, do enderezo de correo electrónico sxmit.axudas@xunta.es ou presencialmente no edificio administrativo de San Caetano, bloque 5 - 4.º andar, en Santiago de Compostela (A Coruña). Nesta subdirección xeral tamén se disporá dun taboleiro presencial onde poderá accederse en formato papel á información particularizada para cada un dos expedientes recollidos no dito anexo, o que garante a igualdade no proceso de notificación para todos os solicitantes nun procedemento de concorrencia competitiva.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2012.

P.A.
José Luis Somoza Digón
Xefe do Servizo de Xestión da Sociedade da Información

Anexo
Expedientes suxeitos a emenda de documentación xustificativa
do procedemento PR519A

Composto polos 32 expedientes seguintes:

Nome ou razón social

NIF

Núm. de expediente

PR519A-2011-

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

B15862295

744

Aldaba Servicios Profesionales, S.L.

B15862295

972

Asociación Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

650

Asociación de Empresarios de la Construcción de Pontevedra

G36614071

455

Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco)

G36796779

589

Asociación Galega de Artesáns

G15128275

701

Asociación Provincial de Empresarios de Transporte Discrecional de Mercancías de Pontevedra (Asetranspo)

G36627719

847

Avansig, S.L.L.

B70271747

742

Fernández Carballada y Asociados, S.L.P.

B15671563

838

Galinus, Comunicación en Internet, S.L.

B70073002

757

Grupo Galseg Seguridad Informática, S.L.

B15842495

927

Hospital Povisa, S.A.

A36606788

597

Igalia, S.L.

B15804842

870

Inteco Ingeniería Avanzada, S.L.

B36856540

459

Inteco Ingeniería Avanzada, S.L.

B36856540

629

Isenda Telemática, S.L.

B70104484

587

Itonor, S.A.L.

A36659993

582

Lambda Calidad y Tecnología, S.L.

B36502060

752

Level Telecom, S.L.

B15565294

818

Marcelino Martínez, S.L.

B36010098

602

Metalúrgica Galaica, S.A.

A15008071

635

Open Soft Servicios Informáticos, S.L.

B36769917

751

Pereira Productos del Mar, S.A.

A36642759

614

Pérez Torres Marítima, S.L.

B15263106

956

Radio Vigo, S.A

A36612414

578

Sinsal Audio, S.L.

B36898369

885

Spica, S.L.

B36603363

904

Tecnologías Plexus, S.L.

B15726177

580

Viriato, S.A.

A15024482

788

Visual Microsistems, S.A.

A36333706

566

Visual Publinet, S.L.

B36880094

805

Visual Publinet, S.L.

B36880094

808