Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4633

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica o cambio de titularidade da concesión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2722; XG-290, Lugo-Miranda-Sobrado, con anexos.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante acordo directivo do 25 de novembro de 2011, autorizou o cambio de titularidade da concesión V-2722; XG-290 a favor da empresa Autocares Silva, S.L., por cesión do seu anterior titular, Domingo González López.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización, quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2012.

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade