Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4381/2011 e 4387/2011 contra a Orde do 29 de abril de 2011, desta consellería, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4381/2011, interposto por Ángel Rodríguez Cobas e outro; e o P.O. 4387/2011, interposto por Manuela Valín Illobre, María Luisa Valín Illobre contra a Orden do 29 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Lugo.

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data do 12 de xaneiro de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas