Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos 4522/2011, 4521/2011, 4523/2011 e 4490/2011 contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos números P.O. 4522/2011, interposto por Coper, S.A.; P.O. 4523/2011, interposto por Eduardo Vázquez González e 18 máis; P.O. 4521/2011, interposto por Purificación Míguez González e 4 máis; P.O. 4490/2011, interposto por Jorge Víctor Gil Carciner; contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Ourense e apróbase a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento.

Para os efectos de cumprir o solicitado no dito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en data 10 de xaneiro de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que se emprazan para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2012.

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas