Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4636

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2011/89-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T. e C.T. centro de día Luíntra.

Situación: Luíntra.

Características técnicas:

L.M.T. subterránea a 20 kV, de 360 m, con condutor R.H.Z.1 e orixe na L.M.T. ao C.T. Luíntra e remate no C.T. ao C.T. Mundín, con entrada e saída no C.T. non prefabricado proxectado centro de día Luíntra, de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 39.903,17 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Ourense, 10 de xaneiro de 2012.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense