Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 1 de febreiro de 2012 Páx. 4638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2011/91-2, 7929 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.

Denominación: soterramento da L.M.T.A. D/C Meira-Pontenova, tramo: apoios P11-P12.

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas:

– L.M.T.S. en dobre circuíto a 20 kV, con orixe no apoio proxectado P11 C-7000/16, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado, e final no apoio proxectado P12 C/7000/14, no cal se realiza outro paso aéreo a soterrado, cunha lonxitude de 290 metros de canalización proxectada e 650 metros de condutor tipo R.H.Z.1-150.

– C.S. en edificio prefabricado tipo E.P.-24 3LM E.P.C.-4 PREFHOR, no cal se instalan tres celas, dúas de liña e unha de interruptor con dirección ao C.T. Eiros (particular).

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 10 de xaneiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo