Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 2012 Páx. 4255

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (935/2008).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que a sentenza ditada o día 22.12.2011, no proceso seguido por instancia de David Ricardo Edreira Basteiro, contra José Ramón Pereira Abalo, en reclamación por cantidade, rexistrado co n.º 935/2011-F, se acordou notificar a José Ramón Pereira Abalo. No seu encabezamento e decisión di o seguinte:

«Sentenza 666/2011.

Número de autos: demanda 935/2008.

Na cidade da Coruña o vinte e dous de decembro de 2011.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Xulgado do Social númreo 2 de A Coruña, tras ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante David Ricardo Edreira Basteiro, que comparece representado polo letrado Sr. Martínez Ramonde e doutra, como demandado, empresa José Ramón Pereira Abalo, que non comparece a pesar de estar citada en forma.

Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante David Ricardo Edreira Basteiro, debo condenar e condeno a empresa José Ramón Pereira Abalo a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.233,83 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o xuro do 10% por mora respecto da cantidade que ten o carácter de salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e que deberá anuncialo perante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá no momento de interpoñer o recurso consignar o depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a José Ramón Pereira Abalo, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2012.

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial